jueves, 29 de octubre de 2009

Deíxame soñar contigo

Abro o xornal, hoxe-coma-onte, teño ganas de escoitar os soños, perduran neles unha camisa branca e un pantalón vaquero, ós que vou enchendo de rostros e mans, diferentes, para mirarme e tocarme, para mirar e tocar. Segue a investigación de Castro de Rey, Garzón anda por Cataluña entre corrupcións que estoupan, morre a primeira muller que estivo o fronte do Banco de España, Feijoo entre as caixas, Esperanza Aguirre fronte a Caixa. O da camisa branca invítame a cear, beber albariño fresco e pasear polas rúas entre albañiles, sen levantamentos obreiros. Sen control nin zonas prohibidas. O monte Gaiás, creando o edificio da cultura máis noxento e menos cultural, Rajoy sen poder frente ós derrotados sen escrúpulos do propio partido, Zapatero que rí pouco e sen ganas (nótaselle), Berlusconi sobornando a quen opte por levarlle a contraria,a trama Gürtel,guerras, guerras onte-coma-hoxe. O do pantalón vaquero dame bicos sen quitar a camisa. Aloumíñame con versos sen ruptura, capacitándome a transición da saliva. Cóntame suavemente a caída das fronteiras. Nas páxinas de cultura Michael Jackson de novo vivo con "This Is It", Isaac Díaz Pardo recollendo a Medalla de ouro das Bellas Artes e un Sorolla que costa moitos cartos. Quita a camisa e o pantalón, encoiro danme ganas de roubarlle o corazón. Sen condenas, o espertar, hoxe-coma-onte é como se non dormira..paso as noites reciclando o lixo dos días, sen parentes pero na tua compaña. Quérote cada noite.

5 comentarios:

doble visión dijo...

Que bello texto Maribel!... con esa superposición de escenas...

marcelo

Xan dijo...

Como dicia Lennon, "A vida é eso que está pasando mientras nós empeñamos en facer outras cousas".
Nun mesmo instante ocurren e sentimos infnidade de aleteos que perturban a realidade que estamos percibindo.
Gostei moito do texto.
Unha aperta

Miguel Ángel Y. dijo...

Preciso y precioso...Besos intensos.

Maribel-bel dijo...

Marcelo,Xan, Miguel ángel..Cada mimo que me entregades é como un bico que me pon as meixelas coloradas. Grazas

Rafael dijo...

LÁGRIMAS.

Entre tus letras y la canción, me has hecho llorar. ¡Qué bonito es amar!