jueves, 7 de mayo de 2009

A esta hora...café con Lupe Gómez

Con cariño para a poetisa Maribel, a miña irmá, a miña amiga…

“A poetisa encerrada en corpo de muller”

Ela era unha muller gris e melancólica e de repente, un día, descubreu que ela tiña dentro unha poetisa encerrada nunca cárcere. Deixou sair fora á poetisa, e púxose a brincar. Ela descubreu que podía falar e ser escoitada, descubreu que as palabras teñen música clandestina. Ela debuxou un poema na barriga iluminada da lúa. “quero ter unha hortiña chea de frores, berzas, caracois, mapoulas, tomates, carareis”. Ela coñeceu nun caminño de sombras a un poeta que se chama Pablo Neruda. Cando a poetisa se botou a pacer nos prados, a muller melancólica recupeou o sorriso que deixara abandoado nun caixón onde gardaba todas as súas mortes. Apagou a televisión, o aparello máxico no que gardaba todos os silencios, todas as tormentas, todas as vagoas. Escribeu un poema nas enrrugas da noite: “vexo a carne fosforita que aposta por sair da miña cintura, roxe e acanea como as ondas encabuxadas da praia da Coruña”. A poetisa decideu andar sen sostén nas tetas. A muller gris tiña uns fermosos ollos verdes e era tan alta como a torre de Hércules. A poetisa díxolle a unha amiga: “cando abro os xornáis nas páxinas de cultura sempre aparece a foto de Fernán Vello”. A amiga riu. A poetisa estivo toda a súa vida atada de mans e pernas. Algunhas vidas parecen dictaduras. As 8 vou a oficina. As 2 fago a comida. Pola tarde tamén vou á oficina. Polas noites estou tan cansa que meto a cabeza no lavavaixelas. As mulleres que votan o PSOE teñen 3 ou 4 empresas. Ela aprendeu a debuxar: “Tento construir coas miñas mans aneis de auga…”. Agora a muller rota reconstruiu o espello e non se perde ningún recital e ningunha conferencia. Onde se fala de literatura alí está ela. Parece que o seu corpo se converteu nunha patria. A literata tiña cheos de feridas os dedos dos pés. Polas tardes a poetisa abandona a súa gaiola de ouro e conversa con Rosalia de Castro e Antonio Machado. Non é doado desenclavar o corazón cando está tan preso. O mar ten moita fame e necesidade de comer poetisas…

2 comentarios:

SILVA dijo...

oye¡¡¡ Eres buena¡¡¡¡

zeltia dijo...

Andaba a procura dun post que lin, que xuraría que era teu, que falaba da "horta de Fran" e dun pexegueiro... pero como leo varios blogs pode que se me mesturen as cousas.
Non topei o post do pexegueiro,pero valeu a pena andar brincando dun post a outro, deleiteime con palabras acariciadoras que refrescan nesta noite cálida.
E xusto nesta entrada me parece que batín contigo.

unha aperta