lunes, 18 de mayo de 2009

Benedetti...

Onte deuseme por chorar, unha forma de manter limpo o nervio ocular. Contan que os ollos se poñen máis bonitos e brillantes(eu mireime ó espello e tíñaos como abrótegas) .Ó espertar chego á oficina, dime María José: Morreo Benedetti. Penso"hoxe non teño bágoas ,vertinas onte(sen saber por quen), bágoas perdidas, para que os ollos reluzcan. Sinto ó mesmo tempo un nudo na gorxa, recreando aqueles tempos (tan lexanos en tempo, en formas, en estares) que non esquezo
e adoito lembrar con moita morriña. Escoiteino por primeira vez moi xovenciña, musicalizado por Paco Ibáñez. Dende o primeiro intre non quixen reservar do mundo só un lugar tranquilo, quixen facer un trato, que me quixeran sendo máis de dous, que tiveran urxencia de oirme estando jodidos e radiantes e vivecersa, quixen que Dios fose muller, para que me abrazasen,ser a imaxe presente en Corazón coraza, ser tamén a súa táctica e a súa extratexia e o seu lado oscuro do corazón, o seu rostro dentro da soledad tan concurrida que amosaba e morrer de amor, morrer de amor de vos."las nostalgias se van, queda la noche". ¡Es tan poco lo que conoces de mi.!.. que quixera adicarche un poema de Neruda, para ler na última despedida. "Puedo escribir los versos más tristes esta noche.".. que rimen coa nobreza da tua alma.

2 comentarios:

María José dijo...

Pois sí,morreu Benedetti,...Eu llo comentei a Maribel.Sei que era un gran poeta porque ela sempre o nomeaba,durante o tempo adicado a escribir a sua pequena e á vez grande obra de poesía,....Digo grande porque sei o que lle costou facelo,día a día a escoitaba,son testemuña do esmero,amor e ó mesmo tempo sufrimento co que escribía cada verso,como mimaba cada detalle,cada sílaba,cada letra....ata creo que eu comencei a escribir un pouquiño mellor dende que a escoito.Agora que xa ten o seu propio blog,desexo que disfrute desa poesía que tanto a enche e asi lle chegue a xente o seu sentir.Lédea.....

lupeazul dijo...

se murió Benedetti, y con él se murieron los afectos, las flores y las canciones. la muerte es una acrobacia. La bondad de la poesía nunca se muere.