jueves, 19 de septiembre de 2013

Aires de Pontevedra-Carlos Núñez e Banda do Cerne de Galiza.Boimorto 2013




Acompaño a esta actuación o poema adicado a lingua, porque naquel intre lembrei cada verso composto, como acordes rozando cada gota de sangue, como as salivas molladas e fresquiñas que sempre me enchen a alma. 


É unha lingua de auga que adopta calquera forma;
Como unha amante dócil que se busca e áchase.
É un raio de luz como un claro de lúa.
Como lago escondido tras un recuncho da alma.

É un paxaro quedo que mira dende arriba;
É mirada fixa sostida entre ás.
É unha voz que sabe antes de falar a lingua,
É un río de pasos dunha virxe descalza.

Mellor que os sons que nunca se escoitaron;
Como cala unha estrela, como soan as fadas.
Mellor que os silencios que nunca se domaron.
Como gimen as deusas, como braman as augas.

Así amencen sempre as súas palabras de prata;
Como paxaro quedo, como amante atopada.
Como  un río de silencio e  un murmurio de ramas.
Así a boto de menos, así a boto eu, en falta.

3 comentarios:

Concha L. F. dijo...

Moito me gustou isto! Sempre me sorprende o que atopo aquí.

Biquiños.

Anónimo dijo...

Eu estuben alí. Unha bon sabor de boca na despedida. Nunca é suficiente. Enraizar de novo. Gustoume moito. Sabores de sempre coa enerxía do primeiro día. Besiños.

Ío dijo...


Así se bota de menos a quen se ama.
A miña raíña galega, veño desexarche que teñas uns fermosos días, que os paxaros e as olas canten para ti.
Bicos de mar e cores.

Ío