![]() |
Miña nai no seu cumpreanos, fai dous meses |
ACTA DE DEFUNCIÓN
“Quero escribir, suspenderme no abismo para romper a morte
da miña mirada”
Escribía John Berger “Estoy con los pobres porque ellos
escriben las canciones”, miña nai dende pequeniña foi pobre, a súa alma e propósito
era vivir para os demais, asemellando unha árbore da vida. Tronco forte co que
medrei ca honestidade aprendida das súas raíces e a sabiduría do amor polos
seus.
Loita, credo, amanecer, auga
Folla,
bolboreta colorida, agarimo e refuxio.
Lupe puxo na súa esquela “A muller é un cristal atrevesado
por unha patria”, verbas compostas para ela que sempre perdurarán por tempo no
seu calado mirar, orgullosa ela.
Non quedamos orfos, súa irmá velará pola nosa xuntanza, a
nosa ledicia de tela de sentirnos sempre acalentados sen humidades vencidas.
“Fachenda sinto da túa
fragancia”
Nas xanelas da nenez a túa entrega, bálsamo calmante que
comprenderei no tempo que transita sen repouso.
Choiva de lembranzas en raíces que abrazaches.
Arqueiro de ilusións que agroman en calquer parte.
“Vida, novos pasos”
Bastarame para entendelo todo
o ollar confidente desa túa luz sen ansia.
Boa noite, miña estrela.