Unha declaración realizada por alguén que cre ou sospeita que é falsa ou parcial, esperando que os oíntes créanlle, ocultando sempre a realidade. En función da definición, unha mentira pode ser unha falsidade xenuína ou unha verdade selectiva, esaxerar unha verdade ou ata a verdade, se a intención é enganar ou causar unha acción en contra dos intereses do oínte.
A verdade é todo o contrario, espirse con serenidade, honestidade e boa fe.
No medio, a indecisión de ser franco ou xogar a enganar. Se todo ten unha lóxica comprensible, plausible e recoñecible ti mintes moito e eu escoito e rebélome e rebéntame o estómago coa magoa de saber que as noites son bonitas e borrachas e falsas, alcohol na cara, aparencia, roupa, modelos, bailes, como Peter Pan nun submundo demasiado alto, orgulloso, presumido, intocable e santo. Sangrando a culpa, música que soa perforando os tímpanos ca sensación de non estar en ningunha parte, movendo as pernas con ritmos inventados. É tan simple e fráxil sentirse ben con un mesmo, cando percorren as veas sustancias que nos fan ser outro, aquel o cómplice perfecto para desvariar e o mesmo tempo é tan decente como ir a misa os domingos. Pero…as mentiras son insolidarias.
Ás veces é bon romper as cordas da razón
sen sacrificarnos de todo.
Ás veces e bon ver outras realidades,
afogando co Ron e Cocalola.
Crear poemas,
crear poemas de amor e de vida.
Romper os vasos, contra as xanelas
Facer unha revolución directa e incorrecta.
Espirte sen fronteiras,
Militar en partidos sen siglas.
Vivimos sen sentir o peso, dos nosos pasos
Ovíparas formas de cheirar as inquietudes,
secretamente gardadas.
Morremos da mesma forma, ausentes
Á espera, na procura constante
e a incerteza.
Canción que soa: Mentira de Manu Chao
19 comentarios:
Revisando os danos
A man dereita á dereita do corpo,
a man esquerda á esquerda.
En plenas facultades,
teño a cabeza no centro do mundo
e voulle cambiando os argumentos
ós meus soños escasos e prudentes.
LOIS PEREIRO.
Quizás sea insolidaria la mentira.
Pero es que a veces es tan poco acogedora la verdad...
Besos.
As mentiras son insolidarias, pero ¿e se toca mentir por piedade? ¿Se sabes a conciencia que fas menos dano nun determinado momento por dicir unha mentira piadosa en vez dunha cruda verdade?
Supoño que as cousas nunca poden ser brancas ou negras de todo.
Mil biquiños!!
As verdades e as mentiras son relativas, pois as máis das veces, o que para nós é unha verdade case irrefutable, para quen a escoita pode ser considerada coma a mentira máis vergoñenta.
Como di Gaearon, as cousas nunca poden ser brancas ou negras de todo, pois hai tantas ópticas coma persoas e como momentos na vida das persoas.
O truco supoño que está en manter o equilibrio para non mancarse ou mancar a quen nos rodea.
Biquiños.
P.D.: Podes seguir pasando polo espazo da nena do paraugas. De vez en cando atoparás cousas novas.
Gustei dos teus versos e estou dacordo contigo en crear poemas, facer unha revolución, espirte... Tamén estou dacordo en romper os vasos, sempre e cando sexa despois de beber o ron con Cocacola, claro!
Non che sei o que é a verdade, Maribel. Eu mesma comprobo, sorprendida, que eran falsas verdades algunhas miñas que izaba como bandeiras.
Verdades que estendín a clarear e chorei cando mas luxaron, coma unha grande perda, para darme conta moi paseniñamente, cos anos, que todos somos capaces de cuspir mentiras cridas tan fondamente que nin nós sospeitamos o engano.
creo que me estou alongando demasiado, vou resumir facendo meus os teus dous últimos versos,
e
xa que estamos,
cos de Lois Pereiro, no tocante ós soños...
sempre un pracer pasar polo teu espazo.
Carallo! a cousa é seria. Claro que eu non sei moi ben se ir á misa os domingos é un síntoma de decencia máis potente que afogar no ron & cocacola...
Onde non me quedan dúbidas é no marabilloso xeito de expresar as "ovíparas formas de cheirar as inquietudes". Touché!.
Bicos certos
Sempre o é, e é bo,
seica unha necesidade,
a de ser muller e intentar non morrer,
ou morrer, querendo que o sangue,
sen sentila, sen cheirala,
siga os nosos pasos.
Crear poemas de vida viva,
de amor que cheire e desbasta,
de poemas que se garden,
e garden as nosas ausencias,
é sanar as feridas do corpo;
as da mente, mudas, certeiras,
esas case nunca se remedian.
Nena, raíña, as túas palabras respiro, sábenme a ondas
Bicos de cores
moitas
Grazas, Maribel
Biquiños de terras e de mares
Ío
Unha lección. Xa vin unhas tres veces. E sempre releo.
Bicos.
O tema da mentira e a verdade...eu as veces prefiro vivir na ignorancia ..non que me mintan pero hay verdades que é mellor no saber.
Fermosos versos como sempre..gustame o teu xeiro de expresarte.
Bicos!
Co facil que é a verdade, preferimos a mentira. Só alquien que viva na verdade, a súa linguaxe é pura e verdadeira. Miremonos, somos asi? ahi tes a túa resposta. Agora ben, ir a misa despues dunhas copas de Ron con cocacola, ufff, ...apúntome.
Maribel, a túa verdade vai contigo; a mentira, atópala.
Darnos a coñecer en todos os sentidos podria ser unha verdade dolorosa, mellor unha mentira doce, culta, acariciosa e comprensiva
Amén laico
Solidaridade e mentira non casan.
Mais nada.
Amén laico
A solidaridade e a mentira non casan
E punto... :)
Primeiro agradecer a cada persoa que comenta os meus desvarios.
Vexo que hai unha xeneralizada aposta polas mentiras "piadosas", entón lembro a un compañeiro de 37 anos (casado con duas nenas)enfermo de cancro de páncreas con metástasis ó que o médico espétalle que lle queda un mes de vida. Eu pregunto ¿É necesario que o sepa? ¿Pódese vivir 30 días esperando a morrer?..
A mintira deixa mal sabor, coma os cubatas de garrafón, pero mira, a verdade é unha cousa absoluta, ben vestida, perfumada, correcta, relambida, e un pouco "pija".
E agora en serio, non conozo nada que non cambie e a verdade non é unha excepción. Verdade e mintira están suxetas aos devenires mais ou menos caprichosos da vida, así que sempre terminan por cambiar de estado e mesmo de camisa.
De certo que un mundo onde só existira a verdade sería insufrible, irrespirable e branco demáis pra uns ollos correntes.
Non sei se cos teus... ;))
Bicos embaixo da néboa mintireira.
Tus desvaríos….los míos….. los de todos….
Terrible tu pregunta, Maribel….. qué es mejor, vivir sin saberlo, o saberlo, y morir…
La meta es la misma, el tiempo se acaba, sabiéndolo o no; es cruel, muy cruel.
Aunque él no lo sepa, aunque nadie se lo diga……en los ojos que le rodean podrá verla a ella, no se esconde de nadie….
No puedo escoger: saberlo…. vivir y morir sin saber……vivir sabiéndolo próximo…¿es vivir?
Bicos, Maribel, y ánimo……
Ío
Maribel, esa pregunta acerca do teu compañeiro de traballo, non é doada.
Se eu fose, diría "que non mo digan", de qué me ía valer toda esa angustia?
Mais pensando en que os fillos e a muller teñen que seguir vivindo, ás veces compre arreglar papeis e cousas "prácticas" que poden producir moita desdicha engadida á pena da morte de quen queres.
Ainda que... supoño, todos temos dereito a saber que imos morrer.
¿Quén nos pode arrebatar ese dereito?
Tamén imaxino que haberá solucións intermedias: Ter por escrito que un deixa nas ´mans de algún ser querido esa decisión do coñecemento da verdade,q ue renunica a ese dereito... que sei eu. Xa teño pensado máis veces niso,
e non termino de porme de acordo conmigo mesma.
¿Tí telo claro?
Eu tamén teño pensado nesa pregunta que propós. A verdade é que é unha dificultade tremenda para o intelecto. Eu acostumo a deixar o tema polo difícil que me resulta e penso que os médicos xa se enfrontan ao seu e saben o que teñen que facer, que non é o meu problema. Prefiro facer ben o meu e deixar ese tipo de responsabilidades para quen lle toque. Cada un temos as nosas propias decisións e problemas, aínda que se me pedisen consello sincero supoño que pensaría ben no tema, máis se non é imprescindible prefiro non facelo e non posicionarme.
Respecto ao das mentiras, o certo é que nin eu son quen de coñecerme de todo nin de saber o que sinto, nin os motivos. Engánome a min mesmo constantemente, ás veces intentando evitar crer a verdade e outras sen darme conta. É unha putada querer saber sempre cal é a verdade, e eu fágoo. Pero como din por aí, é preferible vivir na ignorancia (aínda que un non controla totalmente a personalidade).
Moi boas as túas verbas. Grazas por pasarte polo meu blogue e darme a coñecer o teu :)
Publicar un comentario