"Ratzinger ocultou o meu caso". Este é o titular do Pais, do día 28 de Marzo. O representante da igrexa coñecía o caso do cura pederasta de Alemania(un de tantos), decide "en conciencia" destruír actas e gardar silencio perpetuo, amparando os cregos noxentos que se casan con Deus, facendo votos de castidade. Realmente a definición de "pecar" , cometer unha acción ou pensamento contra as leis divinas , relixiosas ou terrenais, debe de ser algo parecido a tales actos de brutalidade a rapaces, con escasas formas de defenderse. Dos predicamentos, xa non queda nada que dicir, facer actos de piedade (co que sobra) dando de comer a xente que ten pouco é unha forma inxusta de lavar esa imaxe do absurdo e denigrante, dando de comulgar á xente, creando a cultura do silencio, coas mans máis sucias e cheirentas do cume dos abusos.
10 comentarios:
Un título ben axeitado para un asunto tan sumamente turbio e con tintes truculentos.
O corporativismo amosado pola alta xerarquía para agochar estes asuntos comporta unha perda de credibilidade nunha Institución que ten presenza en máis de medio mundo.
Entendo que a propia xerarquía faise corresponsable destes abusos case co mesmo grao de implicación que os propios actores dos mesmos. A doble moral que amosan é para cabrearse con eles.
Nunca poderei entender ningún tipo de abuso sexual; pero cometidos con nenos ou nenas...provócanme a máis dura das miñas reprobacións e rexeites.
Con todo, hai que recoñecer que dentro da Igrexa católica hai persoas que desenvolven unha labor cotiá moi digna e humanitaria.
Vaia sermón que botei hoxe. I eso que non é domingo! :-)
Un bico
Lembro o teu post de "rumores", neste caso non son honestos (máis ben, asesinos de vidas inocentes) pero o parecen...Grazas. Un bico
O certo e que o de "cometer unha acción ou pensamento contra as leis divinas e relixiosas", impórtame pouco, alá cada quén coa súa relixión ou co seu deus...
pero cometer unha acción contra as leis vixentes nos estados, iso non se pode perdoar, teñen que cumprir as penas que un xuiz lles impoña.
e facer desaparecer as probas dun delicto tamén o é.
asi que ratzinger é un verdadeiro delincuente, mesmo no seu estado de rapiña.
non podo agora ler ben o poema, porque este tema encéndeme
virei mañán por aquí.
bicos de boas noites.
Os abusos da xerarquía eclesiástica católica ás veces son comparables ás ríxidas leis doutras relixións, respecto da consideración que teñen cara ás mulleres, pero é a propia xerarquía, a través dos sermóns dos domingos, quen demoniza calquera culto que non sexa o da relixión cristiá.
Neste momento venme á cabeza unha pasaxe do Evanxeo, creo que a correspondente ao domingo enterior a Ramos, que falaba da acusación que pesaba sobre unha muller adúltera, que foi presentada diante de Cristo para que el decidise sobre a súa lapidación e o Profeta, sen máis argumentos dixo aquilo de que "quen estea libre de pecado, tire a primeira pedra". Pero iso sería para eses xerarcas, todos homes por mandato seica divino, admitir públicamente que viven nunha santidade de pacotilla. E canto máis alto é o cargo, en máis falsidade viven.
Vou deixar aquí o conto, xa que ao que dis, pouco hai que engadir, pero como católica practicante, sinto vergoña de pertencer ao mesmo grupo ca eses canallas e máis dunha vez teño a tentación de renunciar á miña fe. Non me preguntes por que non o fago, porque non o sei.
Cada día alucino máis con esta xentiña. Se isto lle pasa a un político, todo o mundo estaríalle pedindo a súa dimisión, pero aquí nada. Que pasa coa "verdadeira" igrexa, cos que creen nalgo e non teñen mala fe, por que eses non se erguen e piden que dimitan eses cargos (se é que poden dimitir, que non o sei). Dame verdadeiro noxo esta relixión, aínda que non crea nelas, pero para eles son un máis dos seus seguidores.
Outra cousa, cando hai un terremoto, como en Haití, case tódolos estados mandan axuda humanitaria, e o Vaticano manda axuda espiritual... Ala!! cuns rezos, todo solucionado. Bufff!!
Hai un artículo no semanal do pais, onde fala unha muller Isabelle Aubry do incesto abertamente e di falando da xente amiga ou familiar que abusaba: "se masturba sobre mí y me roba la infancia, pero si lo hace es porque me quiere. Así me lo dice, así estoy convencida de ello". As víctimas de abusos sexuais son un cúmulo de sentimentos encontrados,lastimosos e con sentido de culpabilidade.
ZELTIA se non te encenderas, non serías nobre e intensa como te intuio e entendo que calquera "pena sin gloria" debe de ser xuzgada, no momento que se considera delito.
CONCHA, nunca perdas a fe (no que sexa que profeses) como di Chousa sempre haberá xente entregada na profesión(se se pode chamar así).
CARLOS, considero que sí poden ser cesados pero aquí (como en case todo) a política xoga un papel importante. A Igrexa vota dereitas e os feligreses tamén, xogando sempre coa conciencia da xente en temas como aborto ou métodos anticonceptivos. As esquerdas, van miudiño porque tamén os perden se puxan forte e todo eso unido a cantidade de euros que posue semellante Ministerio. Apertiñas a todos, pola sensibilidade que manifestades.
As vítimas dos abusos son vítimas do medo a que as consecuencias dunha denuncia sexan máis graves ca o feito en si e da egolatría e narcisismo da persoa que abusa.
Normalmente, quen infrinxe a ofensa é unha persoa perversa, no máis amplo sentido da palabra, que busca con mil ardides, directa ou indirectamente, convencer á vítima e ao seu entorno de que a vítima está desequilibrada cando fala do abuso por parte da agresora. A persoa perversa é engaiolante para quen non coñece o alcance dos seus feitos ou da submisión na que fai vivir á persoa submetida. Unhas veces a confianza cega no que a perversa di e fai, outras o medo a represalias, sumerxen á vítima nunha espiral da que non pode saír sen axuda. Pero a petición de axuda pasa pola asunción de que os feitos infrinxidos sobre a súa persoa son, non o froito do amor (que as perversas seica din que profesan á vítima), senón dunha crueldade sen límites, co único afán de alimentar o seu ego e de facer valer a súa debilidade e frustración sobre a persoa ofendida, amosando en todo momento un poder baseado no seu narcisismo, non nas súas cualidades (que non ten, dito sexa de paso).
Estas conclusións non son froito dos meus estudos, senón da lectura crítica do libro de Hirigoyen, "El acoso moral" e da observación directa dalgúns casos que posuían tintes de abuso, pero que no seu momento non souben descifrar.
E paro aquí, pois xa vos aburrín demasiado e... non son psicóloga, pero revólvenseme as entrañas, en serio. Hai poucas cousas que me fagan perder a templanza. Os abusos sobre as persoas indefensas é unha delas.
O da fe, ou a perda dela, vouno deixar para mellor ocasión.
¿Y todo esto hasta cuando?
Hasta cuando vamos a permitir que sigan sucediendo estas atrocidades; acaso no nos damos cuenta de que la "iglesia" es un nido de inmoralidad, de ladrones, asesinos, una especie de cloaca inmunda en la que se permiten estos abusos (y otros que desconocemos)amparados bajo un falso halo de bondad y cristianismo.
Reconozco que debe haber alguien distinto, alguien que no esté corrompido y su fe, su camino, sea otro y no el que parece seguir la mayoría, pero es tan dificil dar con uno bueno....
Gracias, Maribel, coincido contigo
Besucos de colores¡¡¡
Ío
hoxe, despois duns días libres (da cadea do traballo se entende) veño ler o poema que o outro día non tiña estado anímico para ler con calma... e... indescifrables enigmas para mín son tamén os teus versos,
ainda que percibo un cheiro a frustración asimilada, a serenidade enchida de amargura, transpiran.
(así o percibo eu, porque só podo ver dende o meu sentir)
ogallá Mozart tivera ese efecto para mín.
(pode ser porque tampouco a súa música pode envilecer un baleiro)
gústanme moito algunhas das construccións que fas coas palabras
O máis arrepiante é que hai cousas que non se poden reparar. Nunca. O xuizo final será unha pantomima.
Se non fora tráxico, sería patético.
Por fin puiden entrar na túa casiña. Traballo me deu, pero non preguntes por qué. Renuncio a comprender estas leas cibernéticas.
Publicar un comentario