lunes, 8 de febrero de 2010

Dulce Pontes en Vigo

         Ten rostro a revolución?. Tece o meu. Dulce Pontes, encheume de tristura, os fados  seguen a provocar en min un desacougo afectivo no meu espazo vital, un ruxe ruxe, cheo de palpitacións dentro, moi adentro.. Escribo porque o meu corazón latexa, cando non teño nada que dicir todo se me antoxa un ilusionismo de palabras, con cada unha delas unha bágoa percorrendo o esquencemento(iso que teño en proxecto). Este illamento in-desexado, os meus ollos inzados ofensivamente, contra as vexacións da muller, do home..das esperas de corpos mutilados pola xeración dos móbiles, dos ocultamentos, da bebida, da desilusión,  do síndrome de estocolmo sen cobertura. Sempre volvo ó meu río...sempre escribo un poema, neste silente confesionario, para limpar os ollos de tristura.



Miro o teu ollar, canso
as túas mans ateridas
quero recitar, pero non me ves,
eu son grande, pero non me ves,
Ó teu carón vai frío
lonxe tamén.
Constrúo vida coas miñas mans
tento voar, voar, voar
corro moito, sen cansarme
debuxo sen tinta, bico o mar
danzo na rúa, esquézome de soñar.
Eu son grande, pero non me ves
O teu carón vai frío
lonxe tamén.


8 comentarios:

A nena do paraugas dijo...

A verdade é que o fado é o cantar da tristura. Pero ata dentro da tristura hai ledicia. Só hai que buscala. E abofé que se atopa!

Fermosos textos.

Un saúdo.

Raposo dijo...

O fado, esa maxia que chega ata o corazón.
"Sempre escribo un poema para limpar os ollos de tristura".Moi fermoso, non sei como se podería decir mellor.
Apertas e parabens.

Ío dijo...

"Busca a auga dos meus ollos".
Leerte es como sentir el mar.
Besucos, Maribel

Ío

Chousa da Alcandra dijo...

Que terán os ríos que sempre nos secan con pulcritude deliciosa as bágoas que asoman?.
E nos rápidos ruidosos atopamos ledicias e no cauce sereo escoitamos fados.
Que terán para darnos sempre cobertura ó ánimo e ilusión ó espíritu?

Bicos acuosos

Xan dijo...

Os fados e a tristura danzan collidos da man. Todos temos o noso porto refuxio cando as tempestades asolagan as nosas emocions vitais.
Un saúdo

zeltia dijo...

proxectar esquecer
decidir esquecer.
un fado remexe no fondo da alma, a dulce voz de dulce,
qué ben ter a poesía para botar fora a tristura que se acubilla no peito.

Miguel Ángel Yusta. dijo...

¡¡Poeta!!
Besos...

ybris dijo...

Caramba qué preciosidad de entrada.
Bello ilusionismo de palabras "con cada unha delas unha bágoa percorrendo o esquencemento".
Un placer mirarte y mirar "o teu ollar".

Gracias. Besos.