viernes, 15 de enero de 2010

Soños de unha noite de verán

"Algúns non son emigrantes, o foron, pero captáronos os carteis e pasaron de vítimas a traballar para os verdugos".

Verdugos: Persoas encargadas de levar a cabo a execución dun reo condenado á pena de morte ou penas corporais pola xustiza.

Xustiza: Fomentar as relacións entre persoas, institucións, autorizando, prohibindo ou permitindo.

Algúns Verdugos fan da Xustiza a súa lei. Convírtome, in-xustamente no cartel de Medellín, introducindo nas miñas veas a sustancia que acougue a miña falta de vontade.

Fun a verche ao hospital. Disme: antes eramos amigos. Dígoche: seguímolo sendo, aínda que me recollo antes, as noites xa non son o meu paraíso e nas mañás ti non estás. Consentes, convalecente, o meu abrazo sen aplausos, sen dimitir ante a túa idea absurda do mundo. Mencionas "Os tempos cambiaron", esperando o meu asentimento, ancorado nas letras sen final feliz de Antonio vega, escenarios con distraído telón á espera do remate.

Desistindo de convencerche do diagnóstico sen solucións, prometo voltar mañán.

Agora, morrendo, xa non debuxas corazóns, nin buscas trevos atípicos nas noites frías.  Sen poder coller unha xiringa véxoche igualmente infeliz, tardío, sen nacionalidade. A cirurxía da vida, converteu, os meus-teus ollos de gata en minúsculos, chorosos e desvelados recordos de batallas perdidas entre inimigos. "Nós mesmos"

QUERO

Os pecos xa medraron e hai que facer outra música.
As panderetas xa non soan,
agora hai gaitas abertas ó mundo.
O muro das lamentacións xa está derrubado.
Eu volvo a miralo,
fuxeo, entre tanto empeño
acorralado, maltratado.
Séntome e contemplo
Quero ter algo..
Ti tes, eu teño...



9 comentarios:

Unknown dijo...

cuando rescatamos de la memoria aquellos que fuimos,
por causa de los reencuentros,
descubrimos una geografia ignota que no reconocemos a pesar de haberla recorrido....
cuando aun asi, la vida se empeña en poner orden y concierto en los asuntos,
decimos que es cruel y la vida solo es asi, el problema es que cuando la comprendemos a veces, es tarde para todo lo demas....

no pierdas la sonrisa que adorna tu mirada.... bikos

ALBINO dijo...

Deixame abraiado o teu escrito para contar unha situación que, lamenteblemente, prodúcese a cotío.
Tes unha fermosa redacción que esta vez pos a disposición dun problema que todos, mais lonxe ou mais cerca coñecemos.
Eu vin morrer persoas que coñecía por mor da maldita droga e creo que, en bastantes ocasións, os responsables son os traficantes que a fomentan para aumentar o consumo sen importarlle as consecuencias.
Ti es valente coa tua denuncia á que me uno.
Bicos agarimosos

Chousa da Alcandra dijo...

Shakespeare non o diría mellor por moito que compartades título. Ademáis ti tés a musicalidade que che aportan as musas destes ventos do nordés (zoan tanto que xa non se sabe de onde veñen).

Que a xustiza poida abolir aos verdugos é unha utopía; pero en Antas temos algo de emigrantes non captados por carteis estranxeiros...

Bicos alporizados

Maribel-bel dijo...

Estra-ño aquello que fuimos forma parte de lo que somos(no vale cerrar los ojos, trampa).Albino, un placer que leas a través de mis ojos. Chousa o vento do Nordés é real, os desexos, utopías. Hoxe, vindo do hospital soaba esta canción na radio "Que nadie" de Manuel Carrasco e Malú." Se enganchó a a pena, se aferró a la soledad....y tu dignidad?".Non sei si polo momento ou pola miña predisposición, entre as bágoas pensei que sería un bon himno contra a droga, os drogopendientes e a xente con enganches desolados, sen alternativas. Sempre bicos, sempre constantes...

Paz Zeltia dijo...

xa lin este post onte, e non souben que dicir.
e hoxe voltei a ler, e ía comentar algo diso que dis de que o inimigo somos nós mesmos,
pero non.
tamén podía non dicir nada,
pero non podo ler iso e liscar coma se non vira.
se te tivera diante, daríache unha aperta, caladiña.
estiven un anaco imaxinandote no coche, coa música,
chorando amodiño,
con eses ollos tan bonitos da tua foto.
o recorrido do hospital á casa, con música, ou sen música,
pero sí con bágoas nos ollos,
heme moi coñecido.

Xan dijo...

Na túa entrada, ademais de describir unha realidade dura, dolorosa, é un canto á amizade por encima de convencionalismos, de situacións. Unha fraternidad sensible, plena de empatía e a dor sinceira, mentres a canción se derrite nos teus ollos.
Unha aaperta

Carlos Sousa dijo...

Non teño palabras. Como ben din, máis de un perdeu un coñecido pola droga, aínda que a xente se vai concienzando, non vai parar aí.
Lin o teu escrito varias veces, pónseme a pel de galiña, e co vídeo, máis.
Bicos

Anónimo dijo...

Con quen primeiro guerreamos e da forma máis dura é contra nós mesmos; ás veces sen nos darmos de conta.
Grazas pola visita a Ithaca

Ío dijo...

Cuánto me gustaría poder captar todos los recovecos de tus palabras.
Mi dominio del gallego es casi nulo, solo por aproximación logro adentrarme un poco en tus murmullos.
Aún así, logro comprender la mayoría de tus pensamientos.
Me gusta como escribes, Maribel.
Besos

Ío