lunes, 30 de noviembre de 2009

Filosofía Zen Galaica

Cando sexa grande quero ser filósofa. Poder ter unha teoría das ideas como Platón, duas realidades (da que sen dúbida me quedo coa sensible), defender que o conocemento limítase a experiencia de Kant, ter dudas como Descártes, entender esas creencias en Deus onde se impón o silencio ou a castración de pensamentos individuais, inundándose de medos e pecados. A mín gústame Epicuro de Samos, a súa visión da amizade como un dos mellores praceres da vida "Gozar, saber e compartir", chegando ós sentimentos e sensacións de unha forma natural, tranquilidade do ánimo ou ataraxia. Ainda que me gustaría crear una "Filosofía Zen Galaica" mezclando un pouco de todas as filosofías para chegar a entender o mundo, ou quizais a mín mesma. Non creo que sexa fácil...pero hasta que medre moito non serei grande. Ademais, xa me olvido de ser bailarina, filosofar é máis doado. Qué ilusa! É tan complicado a danza contemporánea e a expresión corporal, a min que só me gusta o Reguetón.

EU
Os meus versos, son imperfectos
nas formas, nas rimas, no tempo.
Son anxos libres do meu pensamento
cambiantes e doloridos.
Facendo sonetos, son epicúrea
teño nos ollos o goce
e nos dedos o saber e o sentimento.
A miña amizade, un estrondo.
O meu quérote impronunciado
no miradoiro pechado do anoitecer
onde nacen os soños, a miña espera
e eu soño co querer.

8 comentarios:

Zeltia dijo...

vaia! pois no medio de todo o post o reguetón rechama moito!
quero ver eu coma bailas logho ese baile tan sensual... pero as letras como son tan cativas, mellor que lla poñas tí, que se che da ben escribir

Lan dijo...

Tal vez todos estemos esperando una vida sin aristas, una vida que sea curva como nuestros cuerpos, curva como la misma palabra dulce y como el universo, una vida que no meta en el ánimo, cada tres por dos, sus puntas agudas y artificiales para perjudicarnos por cada goce y vestirlo todo de realidad.
Pero ahí andamos, rodeados de tantos filósofos amigos y de tanta gente sabia y muda, pero sin resolverlo.

Maribel-bel dijo...

Zeltia, hai veces que as letras tampouco son tan importantes(para o movemento, digo)e bailar en libertade suple carencias ata de oralidade. Bicos
Lan, agradecerche o paso polo meu recuncho e seguiremos á procura de solucións de puzzles,para manternos espertos. Bicos

Xan dijo...

Os versos mais que ser perfectos, que tamen o son, deben comunicar as emocións coa súa danza poetica despoxándonos dos veos do inmediato.
Un saúdo

ruben dijo...

No he podido disfrutar del poema, el traductor es de ciencias y no sueña.
Un beso

Chousa da Alcandra dijo...

Pois, cando medres, lémbrate do que agora desexas. Non vaia ser que para daquela mudes de aspiracións e xa non queiras fundar a Filosofía Zen Galaica. Apúntame no libro de socios.

E mentras non medras, sigue escribindo, que che sae moi combinada a composición e soa moi agradablemente ó oido (será música?).

Bicos galaicos

A Conxurada dijo...

Gostei ....Gostei.

beijinhosd

AFP dijo...

Grata leitura a deste poema, nom podo mais que parabenizar-te pola superaçom do texto prosaico introdutório com um imparável explodir de sensaçons. Umha aperta irmandinha