domingo, 4 de octubre de 2009

Sobra-amar



Fún facendo sucos
labrando porvenires
Dime:¿Sabes camiñar por enriba do tempo?
Cando...sobra amar


Xuntamos, unha man con outra
o corazón, preto dos nosos corpos
amamos, amantes
a necesidade de amar,
imperiosa, solidaria.
Tí lúdico, perverso
eu calada i en calma
esperando rematar
este acto da semana.
Non tes perxuizos
cando de sexo se trata
coa mente tranquila,
a min, sóbranme bágoas.

8 comentarios:

A Conxurada dijo...

Fermosísimo poema. Gostei do teu blogue.

De_Kai_Miento dijo...

Polo tempo non sei, pero vou camiñar polos teus versos coas zamancas de amor e luxuria seguindo as fermosas pegadas que vas deixando mentres te alonxas cara o teu amor ou cara o teu presente. Letras cheas de paixon as tuas aledome de achegarme a elas para de paso darche as grazas pola tua visita e as tuas palabras no meu blogue. Saúde Maribel.

Brétema dijo...

Din que as bágoas son a sangue da alma. Bágoas que se xuntan, que se misturan nun intre de paixón. Bágoas que falan de saudade, de morriña infinda e de mans que se tocan, que sinten e que aman. Bágoas, so bágoas... bágoas o riscar o Alba.
Unha apreta. Grupo Brétema

Raposo dijo...

Non sei que tal che se da camiñar por riba do tempo, pero camiñas con soltura y con palabras axeitadas polos versos.
Apertas.

Xan dijo...

Duas formas de sentir diferentes.
Unha aperta

Chousa da Alcandra dijo...

Eu recoñezo que, como moito, gústame camiñar sen reloxo. Eso sí, se vou pisando terróns, case que prefiero facelo pola cal e non polo suco. Por aquelo de non coller terra nos zocos.

Foi un bonito pracer esta descuberta con esquinas.
Apertas dende a Chousa

@Igna-Nachodenoche dijo...

Se dice que la besana es el primer surco que se hace en la tierra, para prepararla, sembrar o recoger lo que otros sembraron es cosa nuestra.
Caminar por encima del tiempo... Si, supongo que por encima del tiempo que vivimos, los recuerdos.
Besos.

Zeltia dijo...

cheguei aquí sumerxíndome noutros blogues polos que navego, e paro un anaquiño para dicirche que ten pinta isto de estares moito tempo xuntos o teu blog máis tí.
augurovos un bo futuro, (e iso que non son meiga, malia que mo chamen)

e este post co que comenzas... ponme algo triste (pero bueno, a mín case todo me pon algo triste)