domingo, 10 de enero de 2010

Tendencias in-sonoras

"El arte es la formación de una duda". Xosé Freixanes.

Será por iso, que estes días con tormenta adiqueime a todas as artes(menos ás amatorias), vendo que agora me sobra tenrura, e que este silencio(non sepulcral) invádeme, confirmando que despois das tormentas, dos tronos, chega miudiño o Silencio, a calma para aprender sempre algo.(Seguen a gustarme máis os panos de tela).

Apuntarse hoxe a linguaxe dos silencios
sentindo cercanías
.....\\...
Silencios
ecos en horas rebotadas
ollos como velas, desgastadas
sofás abertos
a espera de corpos nus
mullirse e mollarse, colocar o floreiro
escoitando ausencias.
Recitar a Neruda, baixiño
cos ollos pechados á certeza.
Aletargado Moleskine,
que non sabe cantar sen música
entre as súas páxinas brancas
unha petición de palabras.
O vacío espazo
Infinitude
Máis silencio.

Canción: RICHARD CLAYDERMAN_ LOS SONIDOS DEL SILENCIO_SIMON GARFUNKEL

4 comentarios:

  1. o enlace ó tema de richard clayderman non funciona; pero eu busquei a canción orixinal de simon & ganfurkel que me leva ós meus propios silencios.

    xa que logo chegou a calma hei pensar que a gripe A ou a influenza común deixoute xa, e os panos de tela están xa lavados e gardados.
    alédame a túa melloría.

    non sei que aprendiches desa calma, do silencio,
    pero,
    nesa espera de corpos nus mullirse e mollarse no sofá aberto
    parece que sí atopaches as palabras que che pedía o moleskine.

    ResponderEliminar
  2. Despois dun comentario como o de Zeltia, so queda adherirse á causa. Boeno, tamén se pode calar; pero eu non son de causas caladas, sobre todo neste ámbito; no cal, se non dis nada, é como se non existises.
    Así que vas permitirme que sexa tendenciosamente sonoro para enviarche un bico dende a Chousa nevada.

    ResponderEliminar
  3. Rebotada dende outros lugares chego ata este lugar onde as palabras conforman silencios que recitan cos ollos pechados, silencios de páxinas brancas que saben a músicas recordadas.

    Foi un pracer abeirar neste porto

    ResponderEliminar
  4. A arte poética está ben pero non esquezas as artes amatorias: tamén son importantes.
    Bicos (poéticos).

    ResponderEliminar

mimos ou non...