viernes, 6 de noviembre de 2009

Érase unha vez...a vida en rosa

ASPIRINA, ATARAX, VINCIGRIP, FRENADOL,
AMBROXOL, MOTILIUM, BISOLVON,
EFFERALGAN, DALSY...
Consulte o seu farmacéutico

Pregúntolle:
¿Cal me aconsella para o/a alma?
Teñoa cansa, famenta, ausente, aterida,….

(silencio)
(manifestación de no ter resposta)

Encollo os ombros e marcho polo camiño,
pola rúa de volta a non sei onde.

.....................

Volto ó día seguinte.
Levo unha morea de libros,
unha enchenta de música.

Só digo:

Agasalle ós enfermos cunha ilusión
unha palabra,
unha canción.

6 comentarios:

  1. ¡Pero qué hermoso poema, amiga del alma!
    Me encanta pasear despacio por el húmedo y fragante sendero de tu poesía.
    Un beso....

    ResponderEliminar
  2. Grande composiçom e nom menos grande cançom. Umha aperta irmandinha

    ResponderEliminar
  3. Oxalá tivéramos un remedio eficaz para combatir as dolencias da alma!
    Fermosas verbas.

    ResponderEliminar
  4. A diagnose do mal da alma é, incluso, doado de facer. Outra galo canta cando se trata de prescribir axeitadamente...
    Eso sí, o que nunca vai interaccionar para mal serán unhas boas doses de cariño e algunha que outra larmeiradiña...

    Bicos dende a Chousa

    ResponderEliminar
  5. son os mellores remedios. sen dúbida. fermoso poema.

    ResponderEliminar
  6. O mellor medicamento para e alma é motivar esa parte mustia. Aínda que a alma sóame a relixión e desa parte ocúpanse os integristas de Rouca Varela jejejej.
    Unha aperta dende a alma

    ResponderEliminar

mimos ou non...