miércoles, 27 de junio de 2012

Emoción

"As emocións son reaccións psicofisiolóxicas que representan modos de adaptación a certos estímulos ambientais ou dun mesmo".
A definición déixame orfa de movemento e acción. Emocionarse é moito máis que iso, adaptarse a estimulos parece máis ben, adaptarse ás circunstancias. Estou nese momento amorfo e conformista con todo o que me rodea, entón....recollo o lapis e cerro por un tempo esta saída o exterior que necesitaba (e que necesito) pero na que non encontro  paz dentro das palabras e subxectivamente podería falar de anorexia silenciosa.
Marcho de vacacións a onde sempre me encontro. Buscarei na auga as cores que xa non recoñezo.
Remato con  poemas de Lupe Gómez (acábase de reeditar Pornografía-1995) e sigue a parecerme a primeira vez, pola frescura. Grazas.

ANALOXÍA

Coma de pequena,
bañada no río, despois,
cando choraba e sentía
frescura ao mesmo
tempo e meus pais
amabanme sen
dicir nunca a palabra AMO
coma un segredo
entre nolostres.

PRETECNOLÓXICAS

Unha vez na escola
debuxei o mar
cunha tinta
que non poden borrar.


5 comentarios:

  1. Non coñezo a obra de Lupe Gomez pero gustáronme os poemas.
    Oxalá que nesas vacacións atopes o que buscas!

    ResponderEliminar
  2. Que goces nese teu recuncho onde te atopas sempre contigo.


    "anorexia silenciosa", gústame a denominación, ogallá que che volva o apetito, principalmente por tí, pero tamén por nós, que gozamos co que escribes.
    :-)

    ResponderEliminar
  3. cuídate, quérete, énchete de enerxía... e volta.

    gústanme os poemas de Lupe

    biquiños,

    ResponderEliminar
  4. Ogallá que te reencontres contigo mesma, coas palabras, as cores, os soños. Ten o lapis afiado para contalo.
    Unha aperta

    ResponderEliminar
  5. ...traigo
    ecos
    de
    la
    tarde
    callada
    en
    la
    mano
    y
    una
    vela
    de
    mi
    corazón
    para
    invitarte
    y
    darte
    este
    alma
    que
    viene
    para
    compartir
    contigo
    tu
    bello
    blog
    con
    un
    ramillete
    de
    oro
    y
    claveles
    dentro...


    desde mis
    HORAS ROTAS
    Y AULA DE PAZ


    COMPARTIENDO ILUSION
    MARIBEL

    CON saludos de la luna al
    reflejarse en el mar de la
    poesía...




    ESPERO SEAN DE VUESTRO AGRADO EL POST POETIZADO DE LABERINTO ROJO LEYENDAS DE PASIÓN, BAILANDO CON LOBOS, THE ARTIST, TITANIC SIÉNTEME DE CRIADAS Y SEÑORAS, FLOR DE PASCUA …

    José
    Ramón...

    ResponderEliminar

mimos ou non...